Intervención para a apertura de ocos e novo acceso nunha edificación existente nunha aldea do concello de A Fonsagrada (provincia de Lugo).
A fin de dotar a unha vivenda, resultante dunha partixa dunha edificación tradicional, dun acceso directo pola fachada e a reformulación de ocos existentes, proxectouse a creación das aperturas necesarias e a adaptación das existentes, utilizando a pedra cuarcítica propia do contorno de montaña no que se localiza o proxecto.
Ademais da apertura de ocos e substitución de carpinterías por unhas novas e de mellor comportamento termoacústico, proxectouse un novo acceso exterior, adaptado a persoas con problemas de mobilidade e a xeito de espazo de relación exterior.