Os popes da arquitectura actual, xurdidos da crise do movemento moderno e das reaccións posteriores parecen incapaces de dar solucións adecuadas fronte ó mundo da arquitectura que as novas xeracións de arquitectos deberán proxectar.
Cando se fala do futuro da arquitectura na prensa diaria ou nas revistas de divulgación xeral resulta que practicamente sempre nos limitamos a falar do xigantescos que serán os edificios que se construirán, de coma pode ser vivir en cidades soterradas baixo a terra, en illas artificiáis ou en casas case máis intelixentes que os seus propios propietarios.
Pero todos estos aspectos que coido accesorios no que resultan ser as preocupacións do arquitecto e do cidadán desa cidade; e ainda por riba tampouco coinciden as preocupacións dos profesionais e mailas dos seus clientes. Unhos falan de estilo, de purezas formáis e conceptuáis, de estructura... e outros preocúpanse da súa comodidade, da apariencia, da textura.
A arquitectura foi evolucionando ó longo da historia co ritmo que lle marcaban as innovacións técnicas, adaptando a forma de construir a elas, a remolque dos avances da enxeñería, e adaptando as novas técnicas ás formas dos "estilos" anteriores ata que atopan a súa propia expresividade.
Así pois cabe facerse a seguinte cuestión, ¿comó será a "imaxe da cidade" do futuro?, ¿Qué apariencia formal terán as edificacións?, ¿Qué "estilo" dominará?
Non son estas cuestións doadas de respostar, nembargantes podemos facer algunhas reflexións sobor do tema que, ainda que non den a resposta inequívoca á cuestión, poidan animar a reflexionar sobor do tema e incluso a que cada un lle de a súa resposta persoal dunha forma consciente do problema.
As cidades do futuro non semellan ter unha faz moi amigable, na meirande parte do mundo as masas empobrecidas do múndo rural emigran cara cidades que carecen da precisa infraestructura para soportar este crecemento, que se resolve en forma de barrios de chabolas ou de construcción residencial masiva, sen servicios adecuados, masificadas e de construcción precaria. Son obras de autoconstrucción que resolven o problema de ter un lugar onde habitar dos seus poboadores, pero que carecen da riqueza formal e de solucións que se observa na autoconstrucción ó longo da historia da vivenda popular.
E mentres nas megalópolis do mundo menos desenvolvido a xente malvive en espacios miserables e cunhas densidades que bordean o filo do imposible, no "primeiro mundo" divagamos sobor da posibilidade de que o futuro da cidade sexa dun hipergótico herdeiro de Calatrava, un delirio deconstructivista global ou un deseño de mentalidade moi rossiana.
Pero esta discusión non deixa de ter senso, eso sí no mundo dos ricos, xa que moi posiblemente no inframundo dos pobres a situación empeore cada vez mais, axudados pola pobreza, a corrupción, a incultura e maila falla de oportunidades; e total... ¿A quen lle importa realmente que iso sexa así? A este lado do mundo seguramente a moi poucos, ainda que hipócritamente todos nos mostremos moi afectados
Así pois xa temos algo máis acotado o obxecto da cuestión, tratamos do futuro da cidade dos paises ricos. Nembargantes non quedará quen se fixxe nalgún aspecto da contrucción das chabolas para rescatar solucións ou materiáis, coma a chapa de Gehry.
E nestas cidades do mundo desenvolvido e políticamente correcto, ¿cara onde nos encamiñamos no mundo da arquitectura?
Pois aparte de seren cidades hipercominicadas, supercableadas, totalmente controladas, e inflaccionarias en información, disporán dunha serie de servicios á disposición do que poida pagalos realmente abrumadora. A conciencia ecolóxica fará que se formen espacios verdes en calquera recuncho libre da cidade, xa que so se poderá emporcar creando montes de residuos onde ninguén (ou case) os vexa ou sinta.
No que se refire ó espacio da vivenda esta será máis pequena, hérmetica e con todolos servicios necesarios para liberar ó individuo do duro traballo no fogar e esclavizalo no manexo das máquinas que farán ese traballo.
Os espacios serán, moito máis polivalentes, senter unha diferenciación rotunda, un lugar onde durmir, un lugar onde comer, un lugar onde traballar, un lugar onde cavilar sobor dos "mestres" do Movemento Moderno... Unha distribución dos espacios máis aberta, funcional, lóxica e flexible.
No que respecta á apariencia das edificacións esta descorrerá, coma na actualidade, a cabalo entre as ordenanzas, as imitacións económicas, as barrocas preferencias do público e a propia vontade estética do arquitecto. E sen dúbida esta vontade estética do técnico derivará en boa medida das tendencias actuáis no mundo dos "top models" da arquitectura, os arquitectos que acadan os premios nos concursos, ven publicados ata os seus máis insignificantes garabatos ou dan multitudinarias conferencias envoltos nun beatifico loor de santidade arquitectónica.
Nembargantes, afortunadamente existen diversas tendencias na actualidade na vangarda da arquitectura polas que poder decidirse, ou se un é capaz, valeroso e por riba ARQUITECTO (as maiúsculas non son casuáis) ainda millor pode seguir o seu rumbo particular e entón pouco lle vai a importar o que fagan os Fosters, Sizas ou Moneos do momento e cecáis se convirta nun Kanh salvador que veña a redimir ós titulados desorientados polos "mestres" (tampouco aquí as ninúscuas sos casuáis)
Podemos pois analizar algunhas das tendencias actuáis dunha forma nin exahustiva, nin obxectiva nin tampouco neutral, co fin de confundir un chisco máis a eses arquitectos faltos de imaxinación nos que posiblemente me encadrarán a min dende o exterios tódolos "imaxinativos". ¿Quen sabe se non será a traslación ó mundo da arquitectura da tan traida e levada xeración X?, ou... ¿Quen sabe o qué será?
Entre os arquitectos con máis predicamento neste atlántico recuncho, polo menos dende o punto de vista da actitude teórica fronte á arquitectura, temos a figura de Aldo Rossi que fai unhas obras adecuadas para aqueles masoquistas que gusten de sufrir ca súa arquitectura de espacios inhumanos constreñida nuns sólidos platónicos de riqueza espacial nula.
Estas formulacións esteticas rossianas teñen bastante que ver ca imaxe da arquitectura de revista. É pois un futuro que xa é no presente, e posiblemente ainda teña predicamento durante uns anos, nembargantes é un estilo que pola súa presencia actual corre o perigo de hastiar nun prazo de tempo que o deixe sen futuro.
Por outra banda existen propostas máis alonxadas do que podemos considerar "convencional" coma poden ser as de Eisenman, quen baseándose nunhas estructuras ás que despoxa da súa rixidez estética construe espacios de extranas e suxerentes formas, edificios que resultan de apariencia caprichosa, flexibles, innovadores. As súas propostas son publicadas con bastánte predicamento pero non parece ter creado unha corrente moi numerosa de seguidores, alo menos polo de agora.
De todos modos é un xeito de facer arquitectura que de popularizarse correría o perigo de perder o seu rumbo e quedarse nunha vontade de diferenciación formal sen unha base sólida que a sustentase; algo parecido ó que lle pasou á arquitectura do Movemento Moderno na construcción desaforada dos anos sesenta. Este é un perigo que asexa a tódalas correntes, xa que calquer titulado mediocre pode xustificar os seus enxendros en base ó traballo coherente de anteriores Mestres, quedándose na máis banal das superficies, sen chegar nunca a descubrir toda a riqueza que se agocha nas profundidades.
Outras proposta tamén moi escenificante e que busca rachar con todo é o Deconstructivismo, con Gehry á fronte da tendencia. Esta tendencia ten unhas bases de partida moi interesantes e que viñeron a animar un panorama que deriva cara á apatía, ainda que lamentablemente o traballo dos popes do movemento derivou cara formulacións puramente estéticas e, cada vez máis, todo se subordina a acadar determinados efectos escénicos, unhas imaxes que por separado causan sorpresa e interesan pero que por xunto acaban sendo demasiado inquietantes.
Foster e Calatrava encarnan outro modelo de arquitecto triunfador, baseándoseesta vez en estructuras moi elaboradas e expresivas, con alardes importantes e que son a base sobor da que se identifican os seus edificios. Son arquitecturas baseadas en moitos adiantos técnicos que se aplican á construcción, dando lugar a edificios do que en certa ocasión se chamou "High Tech" ainda que todo o mundo parece renegar desa denominación cando se usa na actualidade. Son modos de facer arquitectura complexos, de grandes estudios e que dan en ocasións unha imaxe hipergótica, unha forma de traballo atrainte e ó mesmo tempo difícil de acadar.
Temos outras moitas formas de traballar, nembargantes unha explicación de todas sería tediosa, insulsa e de escaso valor cando o que se considera ideal é acadar un estilo propio; ser romántico coma Piano, ciberespacial coma Boffil, discotequeiro coma Isozaki, enxebre coma...
Outras correntes que xa estaban dadas por mortas e soterradas parecen revivir en novas figuras da arquitectura e así asistimos a novas correntes situacionistas, ó reivindicamento do Archigram, a unha nostalxia polo movemento moderno, etc.
Parece que entramos nunha época de crise, se non estamos xa de cheo nela, da que non sei o qué sairá e por outra parte creo que non me preocupa en demasía se teño a oportunidade de darlle unha saida persoal dunha forma consciente e non imposta (¿iluso de min?)
A Cidade que resultará producto dun futuro coma este será radicalmente distinta, teremos ainda o pasado, os presentes e ise futuro, que non acadará a súa pretensión de impoñerse sobor da cidade pero que deixará novas necesidades, novos problemas, novas polémicas e novas solucións. Confiemos en que polo menos chegue a agradarnos.
Posiblemente o futuro sexa unha combinación de todalas tendencias expostas e de moitas outras que non se citaron aquí, e tamén moi posible que o futuro discurra sempre con retraso para a nosa vontade e tamén posiblemente haxa algo de bon en que sexa así.
Anxo Sánchez González