A "Asociación Sostenibilidad y Arquitectura"; organizou no 2009 un concurso para a creación de árbores urbanas con vistas á súa implantación en Santiago de Compostela e Alcalá de Henares; na que en colaboración con Nerea Nazabal participamos, acadando un Accesit.
A proposta presentada identifica ós paraugas coma árbores artificiais, e promove que o presuposto do concurso se utilizase para difundir masivamente os obxectivos da asociación e de respeto pola natureza e a sostibilidade, dado o baixo custe que suporía repartir miles de paraugas nas cidades nas que se actuaría e a pervivencia no tempo e no espazo que lle daría á iniciativa ese xeito de actuar.