No ano 2010, ca intención de poñer un ascensor nun edificio existente nun Área de Rehabilitación Integral (Polígono do Sagrado Corazón en Lugo), os propietarios do edificio contactaron a fin de explorar as posibilidades para facelo. Ante a carencia de espazo privativo do edificio no que situalo, preparouse a documentación para negociar co Concello de Lugo un Convenio Urbanístico que beneficiase tanto ós veciños do edificio en cuestión coma a todo o barrio no que este se atopa.
O convenio urbanístico proposto plantexaba a posibilidade de cesión por 49 anos do espazo necesario no exterior do edificio para a colocación do ascensor; e a cambio desa cesión, os veciños do edificio, asumirían o custe do proxecto, urbanización e obra de acondicionamento dun espazo público residual e degradado fronte a ese edificio, próximo á entrada do colexio do barrio.
De aprobarse ese convenio, os veciños das 10 vivendas do edificio mellorarían as condicións de accesibilidade, e a cambio dunha cesión de so 9m² por 49 anos, o barrio disporía dunha zona pública de esparexemento, con árborado e bancos a carón da entrada ó colexio do barrio, na que agardar á entrada/saída dos nenos.
Lamentablemente, pola negativa dos políticos responsables no Concello de Lugo, non se chegou a realizar ese Convenio.