Deseño, organización, cartelería, coordinación, catálogo, invitacións e comisariado da mostra de fotografías seleccionadas e galardoadas nos Segundos Concursos Fotográficos de Acertos e Desastres Arquitectónicos na Provincia de Lugo; organizados pola delegación lucense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
O espacio expositivo (O Salón de Actos do C.O.A.G. en Lugo) transformouse mediante un exercicio arquitectónico no que se utilizou unha soa forma, un so material e unha cor única (cubos brancos de 50x50x50cm) "pixelizando" tridimensionalmente a sala.