Montaxe, cartelería e comisariado da exposición que sobre a revista L'Architecture Vivante se celebrou en outubro do 2005 na Delegación en Lugo do C.O.A.G.
A exposición combinou por unha banda o material preparado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Aragón en forma de paneis describindo a historia da revista, e por outra os exemplares máis destacados desta revista existentes no fondo histórico da Biblioteca do C.O.A.G. en Lugo; e que coma bibliotecario da mesma me encarguei de clasificar.
L'Architecture Vivante, unha revista que se editou baixo dirección de Albert Morancé entre 1923 e 1933, é das mellores revistas de arquitectura de tódolos tempos, e o mellor documento sobre a arquitectura desa época.