Deseño, organización, cartelería, coordinación, catálogo, invitacións e comisariado da mostra de fotografías seleccionadas e galardoadas nos Concursos Fotográficos de Acertos e Desastres Arquitectónicos na Provincia de Lugo.
Este concurso fotográfico, que impulsei dende a Comisión de Cultura do C.O.A.G. en Lugo, procuraba que a xente se fixase no feito arquitectónico, tanto na súa vertente de "desastres arquitectónicos" coma na dos "acertos", acadando que o público prestase atención á arquitectura que nos rodea, coma paso previo para reclamar boa arquitectura. A convocatoria tivo unha grande repercusión, que fixo que se convocase posteriormente en varias ocasións.
A exposición coloca as fotografías sobre caballetes de artista, coma obras de arte que son.