Vivenda unifamiliar illada nun núcleo próximo á cidade de Lugo.
Nun predio no núcleo de Marcoi, próximo á cidade de Lugo, cunha boa orientación e dominando a paisaxe; proxectouse e construiuse esta vivenda unifamiliar, sinxela e de calidade. Unha vivenda na que ser feliz.
A edificación resulta luminosa, cómoda, integrada no contorno; de estilo atemporal e de doado uso e mantemento.
A envolvente da vivenda (fachadas e cuberta) ten un moi alto nivel de illamento térmico e as instalacións proxectadas son de tipo renovable ou moi baixo consumo. A edificación conta cun espazo porticado no exterior que regula a entrada de luz solar no verán ó tempo que permite gozar do exterior todo o ano.
A cuberta proxectada "envolve" á vivenda formando tamén a fachada norte da mesma, a única próxima a propiedades veciñas, polo que se proxecta para ela un sistema singular de ocos que permiten a ventilación interior en condicións de total intimidade, e a apertura a vontade das contras realizadas co mesmo material que a fachada.