Albergue turístico e cafetería-restaurante a carón do Camiño Francés a Santiago de Compostela ó seu paso por Portomarín (Lugo).
.
Unha volumetría sinxela, recoñecible e rotunda definida por unha envolvente de lousas de xisto negras acolle un núcleo branco e luminoso do Albergue e Cafetería-Restaurante "Pons Minea"
Este establecemento ten un programa múltiple, consensuado ca propiedade, que inclúe un albergue turístico cun dormitorio para liteiras de baixo custe destinadas a peregrinos, seis habitacións con baño, un "spá" e unha cafetería-restaurante; acadándose unha boa integración dos usos e unha necesidade de persoal reducida.
Os traballos relacionados con este proxecto que se acometeron incluíron a formalización do programa de usos, o proxecto, a dirección de obra, e incluso a decoración interior e deseño de imaxe corporativa.
O edificio atópase nun terreo con forte pendente a carón da entrada á vila polo Camiño de Santiago, o que condiciona a forma e usos do edificio.
Ademais de servir coma aloxamento para hóspedes, concíbese o conxunto dende o inicio do proxecto, e así se avala co uso dende a súa inauguración, coma un servizo para a localidade, utilizándose o restaurante tanto por hóspedes, coma peregrinos, veciños ou traballadores da zona; e contemplándose que o spá sexa tamén un elemento de goce da veciñanza.
Adicionalmente, e coma servizo á vila, construiuse unha escalinata con grada no lateral do edificio, que permite a comunicación entre o camiño da parte inferior do edificio e a avenida da parte superior.
Construtivamente procurouse unha alta eficiencia enerxética, o uso de fontes de enerxía renovables, materiais de calidade, custe moderado e rápida posta en obra.
"Pons Minea" é o nome co que aparece identificada a vila de Portomarín no Códice Calixtino; onde dí: "Estos son os nomes de algúns dos camiñeiros, que en tempos do arquebispo compostelano Diego, e de Alfonso, emperador de España e Galicia, e do Papa Calixto, repararon o camiño xacobeo de Rabanal a Portomarín (Pons Minea), en piadoso amor a Deus e os Apóstoles, antes do ano do Señor de 1120, reinando Alfonso en Aragón e Ludovico o Gordo en Francia, reconstruírono: Andrés, Rotgerio, Alvito, Fortus, Arnaldo, Esteban e Pedro que reconstruiu a Ponte do Miño (Pons Minea), que destruíra a raíña Urraca. Que as súas ánimas e as dos seus descansen en paz."