Albergue turístico a carón do Camiño Primitivo a Santiago de Compostela en A Lagoa, Seixón, Friol (Lugo).
Aproveitando os muros duns pendellos existentes nunha propiedade no pintoresco lugar de A Lagoa, situada a carón do Camiño Primitivo de peregrinación a Santiago de Compostela; fíxose un proxecto de Albergue Tuurístico para darlle servizo a estes peregrinos, e un pequeno ultramarinos, servindo estes novos usos para complementar a oferta de servizos do lugar de A Lagoa que se limitaba previamente a un bar, da mesma propiedade.
Cun orzamento moi reducido e nun prazo de construción de apenas tres meses resolveuse o traballo de execución de edificacións moi ben illadas térmicamente, de alta funcionalidade e boa calidade. Os traballos incluíron novas cubertas e trasdosados interiores con 10cm de poliisocianurato como illamento térmico, novos pavimentos, divisións, instalacións de electricidade e iluminación, calefacción con caldeira de biomasa, fontanería, etc.
O Albergue A Lagoa configúrase cun cuarto de amplas liteiras (o nivel inferior de ancho de cama dobre e o superior de ancho individual) locais de baño separados por sexos, con duchas, inodoros e lavabos, un local de lavado e tendal, e un amplo espazo de salón-comedor-cociña a disposición dos hóspedes, a carón dun luminoso espazo de recepción con porche exterior.
O Ultramarinos, próximo ó Albergue, na mesma finca, aproveita un vello pendello que tiña unha parede de pedra granítica, que se limpa e resalta no interior. Este ultramarinos complementa a oferta do lugar (xunto co Albergue e o Bar A Lagoa) tanto para os peregrinos do Camiño Norte a Santiago, coma para os veciños da contorna e visitantes ocasionais.
No exterior das edificacións, acondicionouse un espazo de porche, adaptado para aparcamento protexido de bicicletas e esparexemento a cuberto, así coma accesos e xardíns.