Proxecto de alpendre con cenador anexo en Santalla de Lamas (Lugo).
A fin de complementar os usos dunha vivenda unifamiliar illada nas aforas de Lugo, solicitouseme un proxecto de construción dun alpendre no que gardar un pequeno tractor e diversa ferramenta propia do uso dunha vivenda campestre. Adicionalmente complementouse o programa solicitado ca creación dun pequeno cenador exterior que serva para o mellor uso da finca, especialmente con bo tempo, permitindo actividades de lecer e gastronómicas no exterior, pero protexidos da eventual choiva e do sol directo.
Esta adición dunha pequena peza constructiva, de baixo custe, fai que se pase de ter o simple pendello no que gardar a ferramenta que se solicitara, a ter unha zona de uso e esparexemento que vitalice a parcela.