Proxecto de edificio realizado co "estándard passivhaus" na cidade de Lugo.
Este foi o primeiro proxecto de edificio de vivenda colectiva realizado co "estándard passivhaus" que acadou licenza de obras na provincia de Lugo, lamentablemente a situación de crise inmobiliaria e a retracción da demanda provocou que non se chegase a construír.
Non obstante, aínda que non se construíse, serviu para estudar e perfeccionar solucións construtivas e técnicas que apliquei amplamente en proxectos posteriores.