Vivenda unifamiliar con tres dormitorios, un espazo polivalente para despacho/dormitorio/sala de xogos, salón-comedor, cociña, baños, lavadeiro, despensa, porches exteriores, axardinamento...
A volumetría da vivenda resposta á especial consideración por disfrutar da iluminación natural, das vistas sobre a cidade de Lugo e a súa contorna ó tempo que se conservaba unha boa intimidade; e á diferenciación por usos das necesidades de volume interior de cada espazo, reflectíndose esa diferencia no exterior, dentro dun conxunto unitario.
Non se logrou rematar a dirección de obra do proxectado, perdéndose no resultado final moitos dos valores do intenso traballo proxectual.