Nun edificio existente de baixo e catro andares da cidade de Lugo, cun reucido espazo de portal e dificultades para a colocación dun ascensor, proxéctase unha reforma que permite dotar ó edificio desta instalación con acceso a tódolos andares, incluído o baixo cuberta.
Pola especial configuración do edificio e a pouca dispoñibilidade de espazo, o oco de ascensor da á fachada no baixo, e péchase con bloques de vidro para permitir o acceso de luz natural tamizada ó portal do edificio.
Nos andares de vivenda, reformúlanse os relanzos da escaleira de xeito que se pode acceder ó nivel das vivendas dende o ascensor, cunha mínima intervención na escaleira; ó tempo que o espazo ocupado polo ascensor no interior das vivendas é o mínimo imprescindible.