Nun edificio de vivenda social de fai medio século, con graves carencias de illamento térmico, tanto en fachadas como en carpinterías; proxéctase unha renovación da envolvente encamiñada a mellorar enerxéticamente o seu comportamento, mellorando o confort interior e reducindo substancialmente o consumo enerxético do edificio.
Proxectouse a colocación dunha fachada ventilada con terminación exterior en cerámica alveolar que protexe un forrado con pranchas de illamento que envolven as fachadas existentes, evitando as pontes térmicas e dotando ó edificio dun nivel de illamento que permitise un consumo reducido de enerxía en climatización.
Co mesmo obxectivo en pos da mellora do comportamento térmico e das características técnicas e estéticas do edificio, realizouse o cambio de cuberta, retirando a de fibrocemento existente e colocando unha nova de paneis sandwich con illamento de poliuretano.
A actuación acadou unha renovación estética, funcional e un moito mellor confort e comportamento térmico.