Nun edificio construido no 1932, con proxecto de D. Eloy Maquieira por encargo de D. José Gómez Pereira, no centro da cidade de Lugo; realízase un proxecto de reforma de accesos e instalación de ascensor.
O portal reformúlase dotando de especial significación ó seu teito, en varios niveis.
Así conséguese máis luminosidade, que o nivel do teito sobre a porta do ascensor estea en relación con este e non separado por unha parede demasiado alta, e unha riqueza espacial e visual superior, cunha pequena inversión.