O local "Casa Germán"; situado en Reigosa, A Pastoriza (Lugo) ven a renovar un ultramarinos con moita historia, na mesma edificación, ampliando a actividade, que pasa a combinar Bar, Estanco e Ultramarinos.
Pásase a ter o negocio nunha parte da edificación ata entón destinada a garaxe e almacéns, procedéndose na actuación á renovación de carpinterías, fachada e cuberta de todo o edificio.
A nova entrada singularízase á dereita da edificación orixinal, dándolle acceso ó bar e ó ultramarinos a través dunha zona de recibidor común, cun volume intencionalmente diferente ó edificio orixinal para dotar a este de unicidade. Actuación que se completa en fachada dándolle un caracter simétrico; pasando o bar a onde antes había un portón de garaxe.
Interiormente recupérase a pedra existente, e trabállase con madeira, pizarra negra, mármore branco e vidro. Creando espazos contemporáneos, funcionais e de doado mantemento.