O restaurante "Casa Paca"; situado en Xermar, Cospeito (Lugo) renaceu a partires dun antigo local e duns alpendres anexos, coma un local moderno que aglutina bar, ultramarinos e restaurante; dándolle servizo tanto á poboación local ou da comarca coma a clientes de máis lonxe, nun establecemento que pasa a formar parte dunha rede de comercio rural galego.
A rehabilitación configura un local moderno que pon en valor elementos existentes, coma a estrutura de madeira e cuberta do espazo agora destinado a comedor, pero tamén crea novos espazos coma unha zona de acceso a ese comedor e de servizos sanitarios e cociña, modernos, ou a renovación intensa da zona de bar e ultramarinos. Dándolle un caracter unitario e harmónico tanto ás zonas novas como ás conservadas, mediante a utilización de poucos materiais pero dunha coidada calidade.
Exterior e interiormente valórase a pedra existente, utilízanse madeiras de calidade tanto na envolvente exterior coma nos elementos de carpintería e estruturais, lousas de pizarra verde no pavimento, mármore branco de calidade na barra e vidro en grandes superficies de relación co espazo exterior e divisións interiores.