Reforma de accesos e instalación de ascensor en edificio dos anos setenta do S. XX no polígono do Sagrado Corazón de Lugo.
Nun edificio con importantes limitacións nas zonas comúns para a instalación de ascensor, pola escasa dimensión da caixa de escaleira, pero cun pequeno espazo dispoñible no exterior da zona posterior do edificio; proxéctase unha reforma de accesos e instalación de ascensor que permitiu a dotación ó edificio dun novo acceso dobre (pola súa fachada frontal e pola posterior, onde antes non tiña) así como dun ascensor de seis prazas, adaptado a discapacitados e cunha renovación total das zonas comúns.
O deseño proxectado logra un interior luminoso e un uso cómodo e eficiente do espazo, facendo que un edificio de case medio século de antigüidade conte cunhas zonas comúns e uns accesos cómodos, modernos e de calidade; e todo por un prezo moi comedido.
A escaleira existente previamente, de dous tramos en ida e volta, demoleuse parcialmente, conservando un tramo e facendo outro recto a continuación, deixando así espazo para o corredor de acceso entre as vivendas e o novo ascensor.