Reforma de accesos e instalación de ascensor en ampliación adosada a fachada posterior no polígono do Sagrado Corazón de Lugo.
Nun edificio no que fixera uns anos antes unha rehabilitación enerxética de fachada e cuberta, a Comunidade de Propietarios confiou novamente en min co encargo do proxecto para a instalación dun ascensor no edificio, limitado pola carencia de espazo dispoñible.
O deseño proxectado busca unha integración harmoniosa no exterior ca intervención previa, e no interior, resolve dentro do limitado espazo dispoñible o trazado da escaleira e un corredor de acceso ata as vivendas ó nivel do desembarco do ascensor.
Dada-las fortes limitacións de espazo existentes optouse por un deseño mínimo e específico de barandas no acceso ás vivendas e por unha disposición do ascensor que permitise un cómodo acceso mesmo a usuarios en cadeira de rodas.