Reforma do coro e acceso ó mesmo, na igrexa de Miranda en Castroverde (Lugo).
O coro existente na igrexa parroquial de Miranda atopábase nun deficiente estado de conservación, ante o que os veciños da localidade afrontaron a reforma do mesmo.
Esta actuación, nun edificio cunha importancia histórica e protección patrimonial destacables, foi necesariamente respectuosa co existente, pero non por elo mimética, procedéndose a mellorar aspectos coma o acceso ó coro.