Reforma de Portal de acceso común a dous edificios no centro da cidade de Lugo. Creouse un portal luxoso e luminoso.
Realizouse unha reforma do portal unicamente, renovando un fortemente deteriorado por obras anteriores e pola progresiva superposición de elementos que o afeaban.
A reforma incluíu a creación de locais para instalacións baixo a escaleira, retirando contadores e entubados do portal.
Tamén se procedeu ó deseño dunha centralización de casilleiros postais que serve de separación entre a zona da escaleira e o acceso ó portal, e que voa dende a parede, nun prisma de aceiro inoxidabre.
A escaleira conservouse na súa parte de madeira, que se conservou para a súa restauración realizándose un novo arranque desta, en mármore branco de Macael en lousas de 3cm, ca creación dunha base de mármore cun chanzo recortado sobre a base que forma este arranque, en cor vermella, dándolle un toque de cor, que se complementa ca colocación dun sofá á medida, na parte posterior do portal.
Como parte da renovación do portal realizouse un novo teito deste, abovedado seguindo a traza da porta de entrada, e que obrigou a unha resolución particular dos encontros entre este teito e a caixa de escaleira.
Tanto o teito como as paredes e novas carpinterías situadas nestas manteñen unha cor branca que lle da luminosidade e sensación de amplitude ó portal, cun zócolo de mármore da mesma altura que a base de mármore do inicio da escaleira, e sobre este un novo estucado en cor branca (branco sobre branco)
Completando os traballos de reforma interior deseñouse unha iluminación para este portal, de tipo indirecto, que axuda á valoración espacial do acceso ó edificio.