Reforma de Accesos, que incluiu a instalación dun ascensor, a través de espacios interiores de vivendas e de baixo, na que se procedeu a unha renovación tanto estética coma funcional das zonas comúns do edificio.
Transformouse o anodino portal existente mediante un xogo formal confiado ó teito e a iluminación do espazo de acceso.
O novo portal reformúlase dandolle importancia ó novo acceso ó ascensor, antes inexistente, sen variar a situación ou dimensión da escaleira nel existente, facendo que o teito se adapte á 'topografía' interior do portal.
O resultado é un novo acceso, luminoso, e no que os casilleiros postais e armario de control de maquinaria se integran no conxunto a través de decisións sutiles e cunha gran economía de medios.