Reforma de Accesos realizada ca ocasión da instalación dun ascensor no interior dunha caixa de escaleira de reducidas dimensións.
A configuración previa obrigou á demolición da escaleira e a súa reconstrución íntegra deixando espazo para un novo ascensor e os desembarcos nos diferentes andares; todo nun prazo de únicamente 30 días do mes de agosto, para minimizar as molestias ós veciños.
O portal reformúlase creando un acceso ó novo ascensor entre a escaleira, na que se coloca unha minima baranda adaptada ó seu trazado, e un muro presidido por un gran espello dotado de imaxe "real" (refrexa a imaxe verdadeira, non a invertida) na esquina do ascensor; enmarcado por un deseño en madeira, mármore vermello e xisto verde con numerosas incrustacións de pirita.
O resultado da intervención acadou a posibilidade de colocar un ascensor nun edificio no que previamente non había espazo para distribuílo, ó tempo que dotou ó mesmo dunha nova escaleira de granito e dun portal moderno, funcional e estéticamente atractivo.