Reforma de Accesos realizada a fin de instalar un ascensor, con importantes limitacións de espazo e funcionais, xa que a través do ascensor no baixo se accede á zona de rochos do edificio e foi necesario tomar espazos interiores das vivendas dos andares superiores.
O proxecto logrou satisfacer tódalas necesidades funcionais, manter o uso de tódalas estancias das vivendas, o acceso ós rochos, creou un novo local de contadores independente e renovou un antigo e degradado portal pese ás grandes limitacións de espazo e dificultades impostas pola distribución preexistente.
O novo portal reformúlase acollendo o novo ascensor, permitindo o acceso ós rochos posteriores (cunha manobra específica do ascensor que permanece parado e aberto polas súas dúas portas cando se accede a eles) e mellorando iluminación, portas, deseñando mobiliario e reconfigurando instalacións e casilleiros postais.
O resultado é un novo acceso, luminoso, adaptado e cómodo aínda cas limitacións que o espazo impón e que resolveu as necesidades da propiedade con gran economía e funcionalidade.