Situado nun edificio enfronte da muralla romana de Lugo este proxecto consistiu basicamente na colocación dun ascensor que resolvese as demandas de acceso dos veciños, expresadas a través da Comunidade de Propietarios.
Cunha xestación, tramitación e condicionantes espaciais e legais moi complexos este foi un proxecto que puido executarse pola decidida vontade da Presidencia da Comunidade de Propietarios, e polo avanzado da técnica aplicada pola empresa fabricante do ascensor.